Árbores Senlleiras Ep. 02 Castiñeiro Milenario de Pumbariños
4K Galego | Permacultura en Galiza

https://www.permacultureingalicia.com/

 

********

Disponible en castellano en:

https://www.permacultureingalicia.com/arboles-singulares-ep-02-castan%cc%83o-milenario-de-pumbarin%cc%83os-4k-espan%cc%83ol-permacultura-en-galicia/

********

 

Castiñeiro Milenario de Pumbariños

O castiñeiro máis lonxevo e grande de Galicia atópase no Souto de Rozabales, en Manzaneda (Ourense). O seu impresionante tamaño e maxestuosidade asombra a todo o que o visita.

Este grandísimo exemplar ten un perímetro superior a 12 metros polo que necesitaríanse ó menos 10 persoas para rodear o seu tronco. Posúe unha altura de case 17 metros e a súa idade ronda os 1000 anos segundo os expertos, converténdose así en un dos castiñeiros máis antigos da península ibérica.

É unha árbore multi-tronco e, polo feito de tratarse dun exemplar inxertado, logrou acadar tales dimensións, destacando entre tódolos castiñeiros da zona, espacio natural explotado durante séculos para o cultivo da castaña.

Forma parte do catálogo de Árbores e Formacións Senlleiras de Galicia, e dende 1995 é tamén Monumento Natural desta terra.

Como curiosidade, o castiñeiro era propiedade dun dono distinto ó do terreno no que se sitúa, e foi doado polo seu dono en 2005 á Xunta de Galicia para a súa conservación.


Voz en off… Luis Etchevers
Imaxe, son e montaxe… Manuel Maneiro

Música:
«Bomber (Sting)» by Riot
«Ivory Tower» by Philip Ayers (Epidemic Sound)
«Where Kings Walk» by Jon Sumner (Epidemic Sound)
«Returning to Base Camp» by John Barzetti (Epidemic Sound)

#permacultura #senlleiras #castiñeiro