Árbores Senlleiras Ep. 01 Castiñeiro Milenario de Entrambosríos | 4K Galego
Permacultura en Galicia
https://www.youtube.com/watch?v=lkG-3lkR7ew

********

Disponible en castellano en:

http://www.permacultureingalicia.com/arboles-singulares-ep-01-castan%cc%83o-milenario-de-entrambosrios-4k-espan%cc%83ol/

********

Castiñeiro Milenario de Entrambosríos

Na parroquia de Santa María de Chandrexa, municipio de Parada de Sil, provincia de Ourense, atopamos un dos castiñeiros máis fermosos que verán os nosos ollos. A paraxe excepcional que rodea a esta árbore milenaria trasládanos a un auténtico escenario de conto de fadas.

Rodeado doutros castiñeiros centenarios e muíños tradicionais destaca este inmenso exemplar de máis de 700 anos de vida, o máis lonxevo e impresionante de todos eles. Supera os 15 metros de altura, e o seu tronco ten un perímetro de 9 metros e medio, ascendendo o diámetro da copa a 17 metros.

A produción de castaña na zona onde se sitúa foi unha das principais fontes de recursos dos habitantes do lugar. De ahí que sexan abundantes os secadeiros de castaña ou “sequeiros”, construcións que posuían unha zona de secado das castañas sobre ramas entrelazadas para facilitar o afumado.

Posteriormente a este proceso realizábase a “pisa” da castaña, que consistía en golpear os sacos de tea cheos de castañas para separalas das súas cascas e proceder así ó seu almaceamento.

Paga a pena contemplar cada detalle do seu tronco, as súas ramas, e a maxestuosidade coa que emerxe en medio do souto, onde atopan acubillo e comida moitos animais do bosque atlántico, agasallados tódolos outonos con castañas.

Sen dúbida é de recomendada visita este lendario exemplar incluido no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, o que lle outorga un especial coidado e proteción, e non é para menos.

Fotografía:
https://manuelmaneirophotography.com/

Música:
«Wisdom Seeker» de Flouw (Epidemic Sound)
«Infinite Bliss» de Drift Far Away (Epidemic Sound)

#permacultura #arbores #senlleiras #huerto #ecologico